INFORMACIÓN
ANUNCIANTES
PROVINCIA:
NOTICIAS · COMPETICION
RALLYMIX DE PORTAS.
RallyMix de Portas

Ante penúltima prueba del Campeonato Gallego de RallyMix con victoria de Francisco Dorado copilotado por Andrea Lamas en la Clase B y Antonio Viloria con el YacarCross en la Clase A.


Alfonso “Pisko” Ventín con problemas mecánicos durante tos la prueba fue el gran “perjudicado”, aún así continua de líder del Campeonato Xunta de Galicia de RallyMix.

Adjuntamos nota de prensa que nos pasa la Federación Gallega de Automovilismo, como siempre.

“””””


DORADO E LAMAS, NA CLASE B, E VILORIA NA A, VENCEDORES DO RALLYMIX DE PORTAS

Francisco Dorado e Andrea Lamas, aos mandos do Volkswagen Polo R5, e Antonio Viloria no Yacarcross, foron os vencedores da clase A e B do Rallymix de Portas, quinta proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia da modalidade.

Dorado e Lamas, que ademáis foron os primeiros dentro da clasificación conxunta da proba e primeiros da Copa Pirelli 4x4, foron os grandes dominadores da fin de semana logo dos problemas mecánicos sufridos durante as mangas do sábado por Alfonso “Pisko” Ventín.

O equipo do Volkswagen Polo R5 aventaxou en 38,7 segundos ao que finalmente sería segundo clasificado, o berciano Antonio Viloria, no Yacarcross. Viloria fíxose ademáis coa victoria na clase B.

O terceiro posto da clasificación xeral da proba e segundo dentro da clase B foi para Alejandro Fariña, no KinCar, mentres que o cuarto lugar e terceiro nesta clase foi para Alexis Vieitez, que participou nun LifeLive.

Completaron os cinco primeiros clasificados Celestino e Jorge Iglesias, que se fixeron ademáis co segundo chanzo do podio dentro da clase A. Completaron os tres primeiros postos desta clase José Antonio Otero e Christopher Telmo no Skoda Fabia R5.

Dentro da Copa MRF para carcross, primeiro posto para Ismael Neira, seguido de Adrián Andrés e de Victor Manuel Fernández.

Jesús e Manuel Sánchez foron os primeiros clasificados da Copa Pirelli Dianteira. A continuación situáronse Rubén Vázquez e Sandra Amaro e Marcos Lista e Martín Fariña.

Por último, dentro da Copa Escuderías, primeiro posto para Carlos Maquieira e José Manuel Angustia, seguidos de Fran Abalo e Manuel Raido e Juan Manuel Cagiao e Iván Bergondo.
A seguinte proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallymix terá lugar os días 4,5 e 6 de outubro en Cuntis.
“””””


MOTORGALLEGO.COM ·Mail: info@motorgallego.com·