Nueva edición del Slalom de As Pontes con victoria de Rubén Gandoy,
un gran inicio de temporada con dos victorias de dos posibles.
POR CIERTO, SERÁ NUESTRO INVITADO EL PRÓXIMO MIERCOLES EN esMotor
en esRadioGalicia.
Nota de Prensa que nos pasa la Federación Gallega de Automovilismo.
“””””
RUBÉN GANDOY LOGRA O SEU SEGUNDO TRIUNFO DA TEMPADA, ESTA VEZ EN AS PONTES
Rubén Gandoy, aos mandos do seu habitual Peugeot 206 XS, foi o vencedor
do Slalom Vila de As Pontes, celebrado este pasado día 1 de xuño
no circuito de karting da localidade coruñesa.
Gandoy, que xa logrou o triunfo na primeira data puntuable en Guitiriz, marcou
un crono de 1:40.043 o que lle serviu para impoñerse a Manuel Trevín,
no seu retorno ao certame no seu habitual BMW despois de non competir na proba
inaugural, e a Aitor Fornos, que brillou nesta carreira despois de ser o gañador
do Desafío Kumho no Rallysprint de Silleda.
Completaron os cinco primeiros clasificados Adrián Villamor e Jacobo
Rodríguez.
Adrián Insua foi o mellor clasificado dentro dos participantes na categoría
de debutantes cun rexistro de 1:51.577. A continuación clasificáronse
Francisco Penabad e Gabriel Díaz.
Na competición feminina primeiro triunfo da tempada para Marta Loureiro,
que deixou o crono fixado en 2:10.930. Completaron o podio desta segunda data
puntuable do certame Irene Barcia e Silvia Rodríguez.
“””””