INFORMACIÓN
ANUNCIANTES
PROVINCIA:
NOTICIAS · COMPETICION
SENRA GANA EN PONTEVEDRA.
Como siempre un pequeño comentariol, Víctor Senra es un piloto excepcional, que no necesita llevar un WRC para ganar pruebas, como demostró en el Rally de Pontevedra, en el cual salió con un Fabia R2/R5 y ganó.

Entonces porque no ganó en el Rally de Narón, seguramente para volver a coger buenas sensaciones con un coche inferior y esta es la pregunta que me hago, y que seguramente esté equivocado, Senra irá a por el Campeonato Gallego de Rallies y a por la Supercampeonato R5 Pirelli Recalvi?, es la única explicación lógica que le veo.

PERO ESTO ES UNA OPINIÓN PERSONAL.

A continuación os dejamos la nota de prensa que nos ha pasado la Federación Gallega de automovilismo.

“””””

SENRA E VÁZQUEZ, OS MELLORES NO RALLYE DE PONTEVEDRA

Víctor Senra e David Vázquez, nesta ocasión aos mandos de un Skoda Fabia Rally2, foron os vencedores do Rallye de Pontevedra, quinta proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallyes.

Senra e Vázquez foron dominadores dende o primeiro treito cronometrado do venres (56:38.457), nunha proba marcada polas altas temperaturas na comarca e na que se fixeron ademáis, co Supercampionato R5 Pirelli Recalvi.
Nesta ocasión, os segundos clasificados da proba pontevedresa foron Alberto Otero e Jordán Vázquez, no Citroën C3 WRC, mentres que o terceiro chanzo do podio foi a parar a mans de Dani Berdomás e Brais Mirón, no Peugeot 208 T16 R5.

Jorge Pérez e Miriam Vera foron cuartos clasificados, mentres que un dos equipos favoritos ao triunfo na xeral formado por Alberto Meira e Avelino Martínez finalizaron na quinta plaza, penalizados por unha picadura dun pneumático nos treitos da mañá.
Na Top Ten Pirelli Driver B, primeira posición para Adrián Campaña e Manuel Raido, con Abel Pampillón e José Lage e José Lamela e Unai Conde completando o podio.

Raúl Martínez e Bruno Pérez firmaron o triunfo na Top Ten C. Guillermo Martínez e Nacho Sayans foron segundos e Álvaro Castro e Isidro Rey, terceiros.

No Clio Trophy Galicia, certame que comezou esta fin de semana, triunfo para Álvaro Castro e Isidro Rey. A continuación, Iván e Diego Vázquez e terceiros Joaquín Rasilla e Borja Rasilla, estos dous últimos ascendendo un posto logo da descalificación dos segundos clasificados Marcos Sanromán e Daniel Rodríguez logo de atopar unha irregularidade no seu Renault Clio nas verificacións finais da carreira realizadas polos técnicos deste formato promocional.

Sergio Otero e Noel Claro obtiveron o triunfo na Pirelli AMF, seguidos de Jacobo Segado e Noel Claro e Francisco Pazos e Adriana Álvarez.

Por último, na estrea da Sandero Eco Cup Galicia, primeiro posto para Santi Pais e Sergio Cancela. A continuación Yago Martínez e Eloy Lorenzo co Dacia da Deputación de Pontevedra e Adrián Blach e Iván Carmona.

A seguinte proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallyes será no mes de xuño, con motivo do Rallye Comarca do Carballiño.

“””””

MOTORGALLEGO.COM ·Mail: info@motorgallego.com·