Nota de prensa previa a la 3ª subida a Vilar de Barrio que se celebra este
fin de semana, que nos envía la FEDERACIÓN GALLEGA DE AUTOMOVILISMO.
“”””””””””””””
O CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA CHEGA ESTA FIN DE SEMANA A VILAR DE BARRIO, OURENSE
O Campionato Xunta de Galicia de Montaña afronta durante esta fin de
semana (24,25 e 26 de maio) a súa segunda data puntuable, a Subida a
Vilar de Barrio, que contará con 55 equipos na liña de saída.
A proba ourensá, que afronta a súa terceira edición, terá
novamente aos principais favoritos ao triunfo nas diferentes categorías
puntuables, con especial atención a reedición da loita vista en
Taboada entre Jacobo Senín e Alexis Vieitez. Ademáis, dentro dos
monoplazas e carcross tamén estarán nomes como Alfonso “Pisko”
Ventín, Beni Porto, o becado pola FGA, Mateo García e os locais
Pablo Rey, Abrahán Vázquez ou Jesús López, entre
outros.
Entre os carrozados, retorno ao Porsche para Jorge Pérez Alonso, que
terá como principais rivais pola victoria ao vencedor da primeira proba,
o ourensán Javier Carballo, tamén con un Porsche, a Manuel Senra,
co Peugeot 308 TCR ou a Rubén Blanco co interesante Mitjet, nunha lista
variada e con moitos puntos de interese dentro das diferentes clases.
Tamén haberá que ter en conta a sempre competida modalidade de
regularidade, que nesta cita terá catro equipos na liña de saída.
A proba terá unha xornada de verificacións opcionais na tarde
do venres 24 de maio (19:00 a 22:00 horas).
Para o sábado, resto de verificacións e comezo da proba ás
14:30 horas, coa celebración da primeira manga de adestramentos. A continuación
celebraranse as dúas mangas oficiais da xornada.
O domingo 26 de maio a actividade comezará ás 09:30 horas coa
segunda manga de adestramentos, para posteriormente afrontar as dúas
ascensión oficiais restantes.
"""""""""""""""""