Increíble lo que nos ha llovido en Galicia este fin de semana, obligando 
  a suspender pasadas en el Rally Mix de Touro, en A Madalena también se 
  han tenido que suspender varias mangas de la primera prueba del Campeonato Xunta 
  de Galicia de Karting, pero si hay algo que nos encanta es que llueva, haga 
  frio o cualquier circunstancia meteorológica adversa NOS ENCANTA EL MOTOR, 
  eso es indiscutible.
 
 
  
“””””
A CHUVIA NON DETIVO AOS MÁIS DE 70 EQUIPOS PRESENTES NO KARTING DE A 
  MADALENA
  O Campionato Xunta de Galicia de Karting deu comezo esta fin de semana con máis 
  de 70 equipos inscritos na primeira data celebrada no circuito da Madalena, 
  en Forcarei.
Unha fin de semana marcada polo mal tempo en toda Galicia, o que fixo que prácticamente 
  todas as mangas durante os dous días se celebrasen en auga e que obligou 
  a suspensión dalgunhas carreiras polo anegamento do circuito.
Despois dos adestramentos e a competición Pre Rookie do sábado 
  (unha cita non competitiva e orientada a que os deportistas máis xóvenes 
  comecen a familiarizarse co karting), o domingo chegou o momento das carreiras 
  no resto de categorías oficiais.
Aroa Fernández foi a vencedora da primeira proba do campionato dentro 
  da categoría Rookie. A continuación clasificáronse Nicolás 
  Fernández e Iago Rodríguez nunha proba na que se produciu o debut 
  de varios equipos procedentes da modalidade Pre Rookie.
Dentro da modalidade Mini, o mellor clasificado foi Kevin Fernández, 
  seguido de Jaime Teijeiro (primeiro dentro da modalidade Mini Novel) e Jorge 
  Núñez (2º Mini Novel). O cuarto posto e terceiro dentro dos 
  participantes Mini Novel foi para Álvaro Castro.
Na sempre competida categoría Júnior, primeiro posto da xeral 
  ao término da proba pontevedresa para Alejandro Méndez, con Daniel 
  García e Adrián Regueira no segundo e terceiro posto da xeral, 
  respectivamente.
Alexandre Mariño, becado da FGA na modalidade de Autocross, foi o gañador 
  da proba Sénior, con Brais García e Lucas Merlán completando 
  o podio. 
Mateo García, becado da FGA en montaña foi cuarto clasificado 
  nesta primeira cita puntuable do certame.
  Por último, dentro da categoría raíña, a KZ, primeiro 
  posto Nacho Aviñó, presidente da Federación Valenciana 
  de Automobilismo, que se desplazou ata a Madalena para desfrutar do excelente 
  nivel competitivo do certame galego. A continuación, Guillermo Carrera 
  e Xosé Brais Pereiro, nun podio acaparado por pilotos todos da categoría 
  KZ2.
O primeiro participante dentro da categoría KZ foi Ernesto del Cinque 
  na cuarta posición da xeral.
A seguinte proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Karting levará 
  aos equipos ata As Pontes o 20 e 21 de xullo.