El campeonato gallego de Slalom se inició este fin de semana con la prueba
en Gitiriz, organizado como siempre, por la Escudería Scracth Fene con
un trabajo perfecto en todos los niveles.
Adjuntamos el resumen, que como siempre, nos pasa la ederacion Gallega de Automovilismo.
“””””
RUBÉN GANDOY COMEZA A TEMPADA DE SLALOM CON VICTORIA EN GUITIRIZ
Rubén Gandoy, aos mandos do seu habitual Peugeot 206, foi o absoluto
dominador do Slalom Concello de Guitiriz, primeira proba puntuable para o Campionato
Xunta de Galicia da modalidade e que se celebrou baixo unha choiva constante
durante toda a xornada, algo que provocou varias penalizacións polo deslizante
do pavimento.
Gandoy, un dos habituais e destacados do certame autonómico de Slalom,
non deu pé a calquera dos seus rivais, marcando o mellor crono nas dúas
mangas oficiais (1:43.727 na segunda) e aventaxando en máis de catro
segundos ao que foi finalmente segundo clasificado, Antonio Amor, nun espectacular
Seat 1430.
Nesta primeira cita puntuable do Campionato Xunta de Galicia de Slalom o terceiro
chanzo da clasificación xeral final foi para Daniel Mellado, a máis
de cinco segundos do vencedor da proba e que tivo que conformarse co tempo da
primeira manga ao penalizar na segunda co seu BMW.
Completaron os cinco primeiros postos da clasificación xeral Sergio Fernández
e Víctor Méndez, nun BMW 320 e un Citroën Saxo, respectivamente.
Dentro da categoría de debutantes, primeiro posto para Adrián
Insua, no Seat Arosa.
No trofeo feminino, primeiro posto para Mariquiña Chao, no seu afinado
Citroën Saxo.
“””””