Primera prueba del Campeonato Gallego de Autocross en el circuito de O Castro
en Taragoña (La Coruña) .
Nota de prensa que nos pasa la Federación Gallega de Automovilismo con
el resumen y clasificaciones de las diferentes categorías.
“””””””
O GALEGO DE AUTOCROSS RETORNO CON EMOCIÓN E ESPECTÁCULO EN O CASTRO
O Campionato Xunta de Galicia de Autocross comezou con enormes doses de espectáculo
e competitividade no circuito de O Castro, sede da primeira das sete probas
puntuables do certame e que tivo como vencedores a Javier Lea (Clase I), Jon
Ander López (Clase II), Alberto Lorenzo (Clase III), Enrique Castro (Clase
IV) e Iago Rodríguez (Clase V).
Javier Lea foi o mellor na final da clase I, de menos de 1.600 centímetros
cúbicos. O do Citroën Saxo impúxose nun apretado final a
Manoel Felipez, tamén aos mandos dun vehículo do doble chevrón
e a Eloy Castro, no seu habitual Peugeot 106.
Dentro dos participantes da Clase II, reservada a vehículos de +1.600
centímetros cúbicos, primeiro posto para o piloto do Citroën
Saxo vermello, Jon Ander López, que obtivo un triunfo de autoridade na
cita de O Castro, aventaxando na final en máis de 37 segundos a Daniel
Castro e en máis de 50 a Iván Fernández.
Alberto Lorenzo foi o primeiro vencedor da tempada da sempre abundante Clase
III reservada a Carcross. O piloto do Kincar foi o máis rápido
na manga definitiva, por diante de Sergio Suárez e Alejandro Medín,
sobre un Speedcar e un LaBase, respectivamente.
No retorno dos vehículos SCC/4x4 ao certame autonómico, primeiro
posto da clasificación para Enrique Castro no potente Mitsubishi Lancer
Evo VI. A continuación situáronse Mario Ríos e David González,
nun Seat Ibiza e un Subaru Impreza, ainda que moi lonxe do vencedor da proba.
Na categoría reservada a carcross júnior, con nada menos que sete
equipos inscritos e o debut dos dous becados pola FGA, Dani Abellón e
Alex Mariño, dominio absoluto de Iago Rodríguez, que demostrou
o seu ritmo superior nunha competición na foi segundo Daniel Cierto e
terceiro Daniel Abellón. O segundo dos becados da FGA, Alex Mariño,
rematou a proba na cuarta posición da xeral desta categoría
“””””””