Nota de prensa que no pasa la Escudería Taboada por la celebración
número 11 de su ya, mítica subida a Taboada.
“””””
A cita inaugural do Campionato Galego de Montaña será presentada
este venres, 19 de abril, as 12:30h, na Praza de Riazón
Os ruxido dos motores empezará a impregnar o Concello de Taboada a partir
deste venres, 19 de abril, ás 12:30h, xa que na Praza de Riazón,
en pleno corazón da localidade de Taboada, levarase a cabo presentación
da esperada XI Subida A Taboada.
Nela contarase ca participación destacada das autoridades máis
representativas da nosa terra, dende o Concello de Taboada ata a Xunta de Galicia,
pasando pola Deputación de Lugo e a Federación Galega de Automobilismo.
Xunto cos representantes institucionais, tamén teremos o pracer de contar
coa presenza de talentosos pilotos da propia Escudaría Taboada, que aportarán
todo o seu coñecemento e habilidade na seguinte fin de semana para facer
desta subida unha experiencia única e emocionante. Cada curva, cada recta,
será un desafío para os condutores e unha auténtica delicia
para os espectadores que se acheguen a presenciar este espectáculo.
Con esta presentación, damos o pistoletazo de saída o Campionato
Galego de Montaña, cunha competición que atraerá a mirada
de todo Galicia e máis aló. A XI Subida A Taboada non é
só un evento deportivo, é unha oportunidade para desfrutar da
paixón polo motor, a nosa comunidade e o noso entorno natural. As paisaxes
de Taboada servirán de escenario perfecto para esta batalla de velocidade
e destreza.
Invitamos a todos os interesados, tanto locais como visitantes, a unirse a
nós neste emocionante evento. Que a adrenalina corra solta e os motores
ruxan nos arredores de Taboada neste arranque do certame autonómico.
“””””