El campeonato gallego arrancó este pasado sábado con la primera
prueba, el también primer Rally Sprint que se realiza en Piñor,
organizada por la escudería Motor Piñor, que como todas las escuderías
gallegas bordó su trabajo.
Una prueba pasada por agua y por nieve que hizo la delicia de los espectadores.
Os dejamos la nota de prensa que nos facilitó la Federación Gallega
de Automovilismo.
“VENTURA” E GONZÁLEZ LOGRAN O TRIUNFO NO RALLYSPRINT DE
PIÑOR
A tempada de automobilismo galega deu comezo esta fin de semana coa celebración
do Rallysprint de Piñor, primeira proba puntuable para o Campionato Xunta
de Galicia de Rallysprint GT2i.
A carreira, celebrada na súa totalidade na xornada do sábado
2 de marzo contou con 83 equipos na liña de saida en pleno corazón
de Piñor, nun día marcado polas baixas temperaturas a choiva e
a neve, que fixo acto de presenza en varios puntos do percorrido.
Sobre esas tan difíciles condicións climatolóxicas e coa
presenza de Adrián Vázquez e Melisa Lorenzo aos mandos do Hyundai
I20N co que exercerán de vehículo 0 durante toda a tempada de
rallysprint grazas a colaboración con Hyupersa, os milleiros de afeccionados
que se desprazaron ata os dous treitos cronometrados puideron desfrutar dunha
loita ao segundo entre os principais favoritos, que finalmente se decantou do
lado de Antonio Fernández “Ventura”, que copilotado polo
asturiano Alberto González e no Mitsubishi Lancer Evo X R4, impúxose
en tan só dous segundos a José Manuel Pazos “Mieres”
e David Calvo, no Ford Fiesta R2.
O terceiro chanzo do podio foi para Adrián Campaña e Manuel Raido,
que se quedaron a pouco máis de oito segundos dos vencedores.
Completaron os cinco primeiros clasificados Abel Pampillón e José
Lage aos mandos do Mitsubishi Lancer Evo X R4 e Antonio López Lence e
Raquel Rodríguez, no Peugeot 106.
Rubén López e José Ángel Fente foron os primeiros
vencedores do Desafío Kumho Rallysprint, seguidos de Rubén Gandoy
e Nicolás Meizoso e Aitor Fornos e Adrián Díaz.
Entre os participantes da proba Extra (Trofeo Talleres Alonso), que non puntúan
para a clasificación do campionato, primeiro posto para Alberto Otero
e Jordan Vázquez, no Ford Fiesta WRC. O segundo posto foi para Jaime
Pérez e Gonzalo Cardalda e o terceiro para José Antonio Groba
e Daniel Castro.
Ademáis, o mellor dos participantes do Trofeo Piñor foi José
Luis García, copilotado por José Antonio Teira. A segunda praza
foi para Rodrigo Rodríguez “Caixas” e Álvaro Paz e
a terceira para Tito Moure e Avelino González.
A seguinte proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallysprint
GT2i será no mes de maio, concretamente o sábado 18 en Silleda.