Hoy ha ganado el automovilismo gallego, la moción de censura presentada
por Alfonso García Eiriz y, en teoría, 25 personas más
la cual solo ha obtenido 20 votos favorables. Solo 20 de los 25 firmantes, es
un poco raro, pienso.
Por supuesto que la moción de censura es un instrumento totalmente legal
para llegar al poder pero algo que se debería haber hecho es dejar a
esta nueva Junta Directiva por lo menos un año más gestionar la
FGA, ya que cuando el año pasado se hicieron cargo de la Federación
se encontraron con todo prácticamente cerrado y poco pudieron hacer y
aun así se han visto un cambio del negro al blanco.
Opinión personal, no sería que algunos de los firmantes de la
moción de censura querían llegar de nuevo a manejar la FGA en
la sombra y como cabeza visible el señor Eiriz?, es decir no querían
perder las prebendas que tenían en la época del anterior presidente?
Esperemos que el señor Eiriz y los que están detrás, acaten
el resultado de esta votación y dejen trabajar a Toño Troitiño
y a su junta directiva.
Os dejo, a continuación, la nota de prensa facilitada por Federación
Gallega de Automovilismo.
“”””
A ASEMBLEA DA FGA RESPALDA MAIORITARIAMENTE O PROXECTO DE ANTONIO RODRÍGUEZ
TROITIÑO
A asemblea de Federación Galega de Automobilismo respaldou maioritariamente
o proxecto do actual presidente, Antonio Rodríguez Troitiño, ao
otorgarlle 31 dos 53 votos emitidos durante a moción de censura presentada
por Alfonso García Eiriz.
O proxecto do actual presidente da FGA convenceu aos 53 asembleistas que se
presentaron esta mañá no Auditorio de Lalín. Na súa
intervención, Antonio Rodríguez Troitiño incidiu en que
"unha moción de censura é un instrumento que se debe utilizar
para esixir responsabilidades políticas a un gobernante; pero iso non
é o que queren facer vostede e boa parte dos que o apoiaron inicialmente
con esta moción de censura… vostedes queren facer unha utilización
perversa deste dereito democrático, porque o que queren é convertela
nun atallo para asaltar a presidencia da federación sen agardar a pasar
por unhas urnas dentro de dous anos” e engadiu, referíndose aos
prazos da moción que “e precisamente son esas présas, e
esa urxencia, as que me levaron a afirmar hai un par de semanas que esta moción
de censura é legal, pero ilexítima e inxustificada. Hoxe, aquí,
diante de todos os asembleístas”.
Nun tono conciliador, despois de desgranar o feito ata agora e o que esta por
vir, o presidente da FGA destacou en agradecemento a Alfonso García Eiriz
que “non sería presidente da federación sen a axuda que
vostede me deu despois dun acordo alcanzado nunha cea celebrada hai xa arredor
de tres anos no Carballiño. Recoñézolle ese mérito
e agradecinllo. Pero tamén, sexamos sensatos: unha cousa é que
vostede colaborara e outra cousa é que vostede me fixera presidente.
Quen me fixo a min presidente foron os centos de persoas que votaron aos membros
desta asemblea. Vostede sabe perfectamente que naquel momento aceptou que eu
fora o candidato porque era consciente de que traballando xuntos era a única
posibilidade de desbancar a Iván Corral… e vostede tamén
sabía que nós xa tiñamos catro veces máis apoios
que vostede”.
Na recta final da súa intervención, limitada a 30 minutos por
cada un dos ponentes e antes da votación que rematou con 31 votos en
contra da moción, 20 a favor, 1 en
branco e un 1 nulo, Troitiño recoñeceu que “sexa cal sexa
o resultado da votación, Antonio Rodríguez Troitiño vaino
aceptar. Só agardo que polo ben do noso deporte vostedes fagan o mesmo
e a directiva que siga poida traballar con absoluta normalidade e tranquilidade
ata o final do mandato. Moitas grazas a votar con sentidiño”.
“””””