INFORMACIÓN
ANUNCIANTES
PROVINCIA:
NOTICIAS · NOTICIAS
RUEDA DE PRENSA DE LA FGA.
Documento sin título Contenido integro de la rueda de prensa de Toño Troitiño con motivo de la moción de censura que le han presentado.

Realmente me voy a abstener de hacer comentarios personales sobre este intento de viaje en el tiempo al pasado. Parece mentira, pero hay mucha gente a la que le ha fastidiado y mucho perder las prebendas y favores que tenían con el anterior presidente.
Os dejo el enlace: vídeo.

""
Bo día a todos e moitas grazas por asistir a esta rolda de prensa e grazas tamén aos que nos estades a seguir por streaming.

Como sabedes, o motivo desta comparecencia é compartir as miñas primeiras valoracións sobre a moción de censura encabezada por Alfonso García Eiriz; moción de censura que foi rexistrada o pasado día 13 de decembro e que se votará o mércores 10 de xaneiro no Salón Teatro de Lalín, ás 20.00 horas en primeira convocatoria ou ás 20.30 horas en segunda convocatoria.

A miña intención era ter comparecido antes para tranquilizar o automobilismo galego, pero xa sabedes que por circunstancias persoais tivemos que pospoñer uns días esta rolda de prensa.

Antes de comezar, quero agradecer a presenza dos compañeiros que quixeron estar aquí para manifestarme o seu apoio e tamén para expresar o seu rexeitamento a unha moción de censura legal pero ilexítima, completamente inxustificada e que en absoluto busca mellorar o presente e o futuro do automobilismo galego, senón que responde máis ben a revanchas, vinganzas e ambicións persoais.

A xente que me coñece ben sabe que me gusta falar alto, claroe directo… unha forma de ser que ás veces adoita xerarme non poucos problemas… -quizais debera manexar algunhas situacións con máis man esquerda-pero penso que cando un vai coa verdade por diante non ten por que temer nada nin a ninguén. E iso é o que vou facer hoxe aquí: falar alto eclaro para que me entenda todo o mundo.
E quero que quede claro que o que vou dicir son opinións persoais e nin sequera teñen por que ser compartidas polos compañeiros que me rodean.

Estamos ante unha moción de censura que penso que a ninguén colleu por sorpresa, porque é a culminación dunha dilatada operación de desgaste,de desestabilización, de fomento da crispación e de xeración de confusión que arrancou incluso antes de que no pasado mes de abril se producira o cesede Alfonso García Eiriz como secretario e vicepresidente por Ourense.

Estamos ante unha moción de censura destrutiva, sustentada en falacias eargumentos retorcidos, que só persegue un obxectivo: sacar do medio a Antonio Rodríguez Troitiño e ao seu equipo que trata de cambiar un statu quo e un réxime de funcionamento que levaba instaurado catro décadas.
O automobilismo galego, quedespois dunhas eleccións certamente convulsas demandabae necesitaba tranquilidade, estabilidade e unión, vese involucrado de novo nun ambiente enrarecido por culpa dunha moción de censura irresponsable, incoherente e suscrita por estranos compañeiros de cama, como se soe dicir.

Quero dicir con isto que aínda que a cabeza máis visible da moción de censura sexa Alfonso García Eiriz, e en segundo termo os 26 asinantes da mesma, o certo é que non son todos os que están nin están todos os que son; repito, non son todos os que están nin están todos os que son.


Permitídime facer aquí una apreciación que non é cousa menor, porque se nos deixamos guiar polas manifestacións dalgúns dos supostamente asinantes, aí aparecen sinaturas que non terían rubricado algunhas das persoas ás que representan. Así como esoitades. Pero nin sequera imos entrar a fondo niso, que poderiamos, e que podería servir para invalidar o procesoeque a cabeza visible desta moción incorrera noutro tipo de responsabilidades.

Detrás desta moción de censura hai diferentes razóns e promotores:

- Está Alfonso García Eiriz, a quen lle recoñezo o valor que tivo no seu día para axudar a derrocar a Iván Corral, pero a quen lle reprocho a súa incongruencia e a falta de lealdade que tivo desde o primeiro minuto do mandato -incluso antes-.
Falta de lealdade cara este presidente e cara os compañeiros de xunta directiva ao deixarse embaucar por cantos de serea que alimentaban a súa ambición persoal de ocupar a presidencia. A Alfonso houbo xente que lle fixo crer que foi el quen fixo presidente a Antonio Rodríguez Troitiño e el creuno. Xa di o refraneiro que non hai home nin muller que non crea, mentira que lle conveña.

- Detrás desta moción de censura están tamén os nostálxicos do vello réxime: aqueles que botan en falta os amiguismos, os privilexios e as prebendas, que son os mesmos que non poden soportar a súa irrelevancia nunha Asemblea Xeral elixida polos federados, que son os verdadeiros xefes deste tinglado e que falaron alto e claro nas eleccións.

- Están tamén os oportunistas: aqueles que non se atreveron a dar un paso adiante no seu día para enfrontarse a Iván Corral, pero que agora,a priori, consideran a Antonio Rodríguez Troitiño unha presa máis facilmente abatiblee que aspiran a manexar o futuro da federación non sei moi ben con que intereses espúreos.

- E despois están os agochados, que son aqueles instigadores da moción que nin sequera teñen a valentía necesaria para dar a cara, pero que alimentan os grupos de whatsapp con falsedades e invencións sen ningún tipo de rubor. E neste grupo, non teño máis remedio que incluir a algún pluricampeón galego de rallyes, por certo, alguén a quen o propio Alfonso García Eiriz, aínda sendo vicepresidente da federación, xa lle filtraba acordos segredos adoptados no seo da xunta directiva.
Polo tanto, como vedes, estranos compañeiros de alcoba para impulsar unha moción de censura que empregaron como unha espada de Damocles contra este presidente e contra esta directiva desde hai máis de oito meses sen importarlles o dano que indirectamente lle estaban e están a facer ao noso deporte, que a estas alturas do ano debería estar pensando única e exclusivamente na planificación da vindeira tempada, nos novos calendarios, nos novos programas, nas novas copas, etc.

Como presidente da Federación Galega de Automobilismo, creo sinceramente que esta moción de censura carece de motivación obxectiva e, en consecuencia, carece de percorrido, porque iso é o que me transmitiron a maioría dos asembleístas desde que o pasado día 13 se coñeceu a súa presentación.

É realmente sorprendente, por non dicir surrealista, que moitos dos que calaron durante 40 anos ante un modelo de xestión autoritario e unipersoal, agora se subleven en menos dun ano contra o inicio dun cambio gradual que en moitos ámbitos xa comezou a dar os seus froitos. Froitos que están aí para ver e que non vos vou aburrir hoxe con eles, pero que si poñerei en valor o día 10 na miña intervención diante dos asembleístas.

Chámame a atención que os asinantes da moción de censura nos reprochen un suposto“incumprimento do programa” cando quedan tres anos de mandato e cando en menos dun ano, e nun ano no que tivemos que traballar cun orzamento herdado, comezamos a dar pasos máis que visibles en todas as áreas de traballo:

nas relacións cos clubs e deportistas, nas relacións coa Federación Española, na difusión, na potenciación dalgunhas modalidades, na creación de novas copas de promoción, na formación de deportistas e oficiais, no impulso da formación profesional vinculada ao noso deporte…

Chámame a atención que se cuestione o traslado da sede da federación a Lalín, o centro xeográfico de Galicia, por aqueles que non protestaban porque estivera no Carballiño, nuns locais alugados polo anterior presidente. A min tamén me gustaría que a sede estivera en Santiago, pero tamén me gustaría que os alugueres aquí na capital fosen moito máis asequibles, pero a realidade é a que é, e a federación non está para andar tirando cos cartos.

Chámame a atención que Alfonso García Eiriz cuestione que a federación reciba gastos de xestión na tramitación dos seguros, algo que el mesmo aprobou a comezos de ano cando aínda estaba na directiva. Porque aquí estamos a facer o mesmo que o resto das federacións, non somos nin máis listos nin máis tontos. Eses gastos, que outros queren chamar comisións, entran nas arcas da federación, non nos petos do presidente. Os tempos nos que supostamente non chegaban á federación xa pasaron, e precisamente ese tema está xudicializado.

Chámame a atención, sobre todo, que Alfonso García Eiriz entrou na federación suscribindo o programa electoral de Xeración-RenovaFGA e que ese programa está a ser a nosa folla de ruta, pero el xa non o recoñece como tal, a pesar de que foi amplamente validado nas eleccións coa maior participación da historia da federación.
E pregúntome eu: cal é a alternativa que propón Alfonso García Eiriz? Cal é o programa que pretende desenvolver se prospera a moción de censura?

Dígovolo eu: ningún. Porque non o hai. Porque non importa. Porque o motivo real desta moción é darlle resposta a unha ambición persoal alimentada por intereses espúreos de moitos dos que o acompañan; ollo, non todos, non meto a todos no mesmo barco.

Nas últimas dúas semanas, moitos compañeiros, asembleístas, deportistas, dirixentes de escuderías, oficiais, xornalistas, etc. me tendes preguntado que como me sinto e que como vai a cousa:

Pois síntome con fortaleza, con ilusión… creo que sigo a contar co respaldo maioritario da Asemblea Xeral, porque cando un fala cara a cara cunha persoa, sabe perfectamente cando lle minten e cando non.
E este soportedos compañeiros dame a forza necesaria para afrontar a votación da moción de censura coa convicción de que, polo ben do automobilismo galego,imos derrotar a Alfonso García Eiriz e imos poder seguir traballando como ata agora: traballando para todos, coa vontade de unir e non de dividir e co obxectivo de darlle un novo pulo ao noso deporte.

O vindeiro día 10, os asembleístas da Federación Galega de Automobilismo téñeno moi doado: deberán decidir e deberán elixir se queren seguir mirando cara o futuro ou se queren volver mirar cara o pasado.

Deberán elixir entre un equipo de traballo que, coas nosas virtudes e cos nosos defectos, demostramos en menos dun ano a nosa capacidade para ir cambiando as cousas e sentando as bases dun automobilismo máis moderno, máis asequible, máis transparente e máis igualitario.

Esta é sinxela elección do día 10: futuro ou pasado. Avanzar ou retroceder.""

MOTORGALLEGO.COM ·Mail: info@motorgallego.com·