Nota de prensa que nos pasa la Federación Gallega de Automovilismo,
esta vez en realcicón con el primer Slalom de Laracha.
""""""
NOVO TRIUNFO PARA IVÁN PICALLO, ESTA VEZ NO SLALOM DE LARACHA
Iván Picallo, aos mandos do seu habitual Citroën Saxo, foi o vencedor
da primeira edición do Slalom de Laracha, oita proba puntuable para o
Campionato Galego da modalidade celebrado o sábado 4 de novembro cunha
climatoloxía adversa.
Picallo, un dos mellores especialistas autonómicos, fixo valer o mellor
crono marcado na primeira manga oficial para superar a todos os seus rivales
nunha cita na que se anulou a segunda manga de adestramentos polo mal tempo
que se está a rexistrar en Galicia.
A continuación de Picallo, a máis de 11 segundos do vencedor
da proba clasificouse Aitor Coto, mentres que a terceira posición da
clasificación xeral foi parar a mans de Manuel Cabado.
Óscar Pena foi o primero dentro da modalidade de debutantes e no Trofeo
Arteixo Motorsport; en iniciaición, victoria para Pablo Romero e na categoría
feminina, triunfo para Mariquiña Chao.
O Campionato Galego de Slalom pechará a tempada 2023 coa celebración
do Slalom de Fene o 25 de novembro.
"""""