INFORMACIÓN
ANUNCIANTES
PROVINCIA:
NOTICIAS · COMPETICION
SUBIDA A TABOADA.
Nueva victoria de Jacobo Senín en Taboada con un gran resultado para Eduardo Domínguez en carrozados.


Nota de Prensa que nos pasa la Federación Gallega de Automovilismo.


“””””

JACOBO SENÍN PECHA A TEMPADA AUTONÓMICA CON VICTORIA NA SUBIDA A TABOADA

Jacobo Senín, aos mandos da Nova Proto, foi o absoluto dominador da décima edición da Subida a Taboada, que retornou ao Campionato Galego de Montaña logo de 17 tempadas de ausencia.

O piloto da Escudería Estradense completou o seu pleno de participacións con victoria en probas autonómicas esta tempada na rampa lucense, que tivo como compañeira de viaxe durante a fin de semana ao vento e a choiva e que non puido celebrar a última manga do domingo por un vertido de aceite dun dos participantes, algo que comprometía a seguridade de todos os inscritos.

Senín marcou un tempo final de 3:22.184, por diante de Pablo Rey e de Jesús López, nunha fermosa loita durante toda afin de semana. Rey, que estreará a súa nova montura a próxima tempada, despediu cun podio o seu victorioso monopraza, mentres que o tamén ourensán Jesus López mostrou a velocidade do Forwin RS23.

A cuarta posición da xeral e primeiro entre os participantes da categoría de carcross foi Alfonso “Pisko” Ventín, nesta ocasión nun Yacarcross que non era o habitual desta tempada.

Entre os carrozados, primeiro posto da clasificación xeral final para Eduardo Domínguez (Peugeot 206 RC), cun tempo de 3:54.629 segundos. Acompañárono no podio da proba Joao Vasques e Alesis Souto.

En regularidade, triunfo para Darío Amorín e Miguel Olveda cunha puntuación final de 30,901 puntos, seguidos de Alejandro Crespo e Gloria Alonso e Zaida Camino e Marcos Mouriño.
“””””

MOTORGALLEGO.COM ·Mail: info@motorgallego.com·