INFORMACIÓN
ANUNCIANTES
PROVINCIA:
NOTICIAS · NOTICIAS
MEIRA GANA SAN FROILAN.
ALBERTO MEIRA GANA SAN FROILAN.

Resumen del Rally de San Froilan que nos pasa la Federación Gallega de Automovilismo.

””””
VÍCTOR SENRA E DAVID VÁZQUEZ CERTIFICAN UN NOVO TÍTULO
AUTONÓMICO DE RALLYES NO SAN FROILÁN

Víctor Senra e David Vázquez, aos mandos dun Hyundai I20 R5, fixéronse cun novo título no Campionato de Galicia de Rallyes ao sumar, co seu segundo lugar, os puntos necesarios nos Rallye San Froilán, novena e penúltima proba puntuable para o certame.

Senra e Vázquez, que tiveron que mudar de vehículo horas antes do inicio da proba, situáronse dende o primeiro momento ás costas de Alberto Meira e Avelino Martínez, que finalmente se fixeron co triunfo na cita lucense aos mandos do seu habitual Skoda Fabia R5 cunha renda de 10,6 segundos sobre o seu inmediato rival (Primeiros na Top Ten Pirelli Driver Autia A e no Supercampionato R5 Recalvi).

O terceiro posto do podio foi para Iago Caamaño e Alberto Rodríguez sobre o seu habitual Ford Fiesta Rally2, a máis de dous minutos do gañador.

Completaron os cinco primeiros clasificados Francisco Dorado e Andrea Lamas e Luis Vilariño e Enrique Velasco.

O primeiro clasificado dentro da Gara N5 e na Top Ten Pirelli Driver Autia B foi o equipo becado pola FGA formado por Alexis Vieitez e Cristian Álvarez. O outro equipo que defende as cores da Federación composto por Marcos Maceiras e Sergio Iglesias, abandonou por unha saída de estrada no primeiro paso por Láncara.

Na Top Ten Pirelli Driver Autia C, primeira posición para Manuel Souto e Laila Porta, que non deron opcións aos seus rivais na cita lucense e alzáronse ademáis con este trofeo de maneira matemática.

O primeiro posto na Pirelli AMF foi para Marcos Rodríguez Sanromán e Unai Conde, por diante de César Díaz e Manuel Rodríguez.

Por último, dentro do Volante FGA, dominio absoluto para os xa campións Joaquín Pérez e Adrián Muñiz ( a pesar da sustitución do embrague), mentres que na PXP23, o primeiro posto foi para Álvaro Castro e Isidro Rey, que sufriron problemas no último bucle.

A última data puntuable para o Campionato de Galicia de Rallyes será no mes de novembro (sábado 18 e domingo 19) con motivo do Rallye Ribeira Ría de Arousa.

”””””

MOTORGALLEGO.COM ·Mail: info@motorgallego.com·