Nota de prensa que nos pasa la Federación Gallega de Automovilismo con
el resumen de la prueba disputada este fin de semana pasado en Taragoña.
"""""
O CASTRO RENDIU HOMENAXE A BÁRBARA OUBEL NA CITA DO CAMPIONATO GALEGO
O circuito de O Castro, en Taragoña, acolleu este sábado 14 de
outubro a quinta proba puntuable para o Campionato Galego de Autocross, que
reuniu a máis de 40 equipos nas distintas categorías puntuables
do certame e no que houbo unha sentida homenaxe a Bárbara Gómez
Oubel.
Una xornada de competición na que o sol e a calor foron protagonistas
logo das chuvias do pasado venres e que fixeron que decenas de afeccionados
se achegasen ao trazado.
Na competición, triunfo na clase I para Martín Castro (Peugeot
106), que cun tempo final de 7:29,497 superou na final a Javier Lea e a Manoel
Felipez, ambos aos mandos de Citroën Saxo.
Dentro dos participantes da clase II reservada para vehículos de máis
de 1.600 centímetros cúbicos, primeiro lugar da clasificación
para Daniel Castro, que ao volante do Peugeot marcou un crono final de 7:11,120.
A continuación situáronse Iván Fernández e Antonio
López Lence.
Na abundante clase II reservada para carcross, primeiro posto na final para
Sergio Suárez cun Kincar. O segundo posto da clasificación foi
para Rubén Barreiro e o terceiro para Alejandro Bermúdez, ambos
en Yacarcross.
Na clase V, tan só un participante, Manuel Bermúdez aos mandos
do Yacarcross.
A derradeira proba puntuable para o Campionato Galego de Autocross terá
lugar en Carballo o sábado 11 de novembro.
"""""