Nueva edición del RallyMix de Cuntis con una gran participación
de pilotos y gran afluencia de público.
Realmente la foto de portada debería ser la de Alfonso Ventín,
ganador de la prueba, pero hemos pensado que el equipo Dorado-Lamas haya renunciado
a llevar los colores de sus patrocinadores y homenajear a Tinin Iglesias y a
Barbara Gómez, tristemente fallecida, merece nuestro reconocimiento.
Nota de prensa que nos pasa la Federación Gallega de Automovilismo.
"""ALFONSO “PISKO” VENTÍN IMPONSE NO RALLYMIX
CUNTIS V.T.
Alfonso “Pisko” Ventín, aos mandos dun Yacarcross, foi o
vencedor do Rallymix Cuntis Vila Termal, quinta proba puntuable para o Campionato
Galego da especialidade.
Ventín, un dos pilotos máis en forma do automobilismo galego,
foi dominador da cita pontevedresa, incluso despois de sufrir un pequeno percance
na xornada do sábado. O da Escudería Pontevedra 1984 Team, que
evidentemente foi o primeiro clasificado na Clase A, cun tempo de 51:51.110,
aventaxou ao segundo clasificado da competición, Javier Ramilo “Kobas”,
en algo máis de 27 segundos, na que é a proba con máis
quilometraxe cronometrado de todo o certame. Completou os tres primeiros clasificados,
Sergio Fernández, que no Speed Car deixouse 1:11 minutos co primeiro
clasificado.
Dentro da Clase B, primeiro triunfo da tempada para Francisco Dorado e Andrea
Lamas, que amosaron a súa evolución na especialidade.
Dorado e Lamas loitaron durante toda a fin de semana con Manuel Osorio e Alberto
dos Reis, que remataron fora da competición por unha saída. Desta
forma, o segundo chanzo do podio foi para Diego Vila e Álex Sampayo,
a 1:19 minutos e o terceiro para Jaime Pérez e Gonzalo Cardalda, a 1:46.
Dentro da Copa Pirelli K6, primeira posición para Omar López
e Álvaro Cerqueiras, con Luis Caridad e Iván Bergondo, segundos,
e Miguel Ángel Caeiro e Alejandro Hermida, na terceira plaza.
A seguinte proba puntuable para o Campionato Galego de Rallymix será
en Barbadás a última fin de semana do mes de outubro. A cita ourensá
será o epílogo da tempada de rallymix galego en 2023."""