Tras la disputa de esa edición del Rally de Orense Riveira-Sacra todavía
está abierto en el campeonato gallego de rallies, a no ser algunas categorías
que ya tienen vencedor.
A continuación os dejamos la nota de prense que nos pasa la Federación
Gallega de Automovilismo con un resumen de esta prueba.
“”””
ALBERTO MEIRA E AVELINO MARTÍNEZ, GAÑADORES DO RALLYE OURENSE
– RIBEIRA SACRA
Alberto Meira e Avelino Martínez, aos mandos do Skoda Fabia R5, foron
os vencedores da undécima edición do Rallye Ourense – Ribeira
Sacra, oitava cita puntuable para o Campionato Galego da modalidade.
Meira e Martínez non deron opción aos seus rivais durante toda
a fin de semana e marcaron un ritmo que ningún dos seus rivais foi quen
de seguir. Desta forma, o piloto de Vincios, continúa con opcións
de ser campión galego, á espera do que sucedan nas dúas
últimas citas do certame.
O segundo lugar do podio, no seu retorno ao certame rexional nun Skoda Fabia
R5 logo dun breve parón despois de vender o seu Hyundai I20 R5, foi para
Luis Vilariño e Enrique Salgueiro.
Completaron os tres primeiros postos da clasificación Jorge Pérez
Oliveira e Miriam Vera, que perderon as súas opcións de ser segundo
clasificado despois dunha saida de estrada na que se deixaron case medio minuto.
No cuarto lugar da clasificación xera da proba situáronse Iago
Caamaño e Alberto Rodríguez (Ford Fiesta MKII Rally2), mentres
que o quinto foi para José Lamela e Néstor Casal, que ademáis
de auparse ao primeiro posto da Top Ten Pirelli Driver Autia B e a Gara N5,
conseguiron os puntos para ser campións de ambos certames matemáticamente.
Dentro dos formatos promocionais, primeira victoria da súa curta traxectoria
deportiva para Raúl Delgado e Carlos Nóvoa, que se impuxeron na
Top Ten Pirelli Driver Autia C.
Na Pirelli AMF, nova victoria para Marcos Rodríguez Sanromán
e Unai Conde aos mandos do Citroën C2, co que tamén lograron o título.
Tamén sumaron os puntos precisos para ser campións do Volante
FGA, Joaquín Pérez e Adrián Muñiz, nun triunfo con
primeiro posto en Ourense. Na PXP, o título marchouse para Álvaro
Castro Laiño e Isidro Rey, que firmaron unha excelente victoria na cita
ourensá que os convirte nos novos becados PXP para a tempada 2024.
No Clio Trophy Galicia, dominio para Diego Félix e Raquel Rodríquez,
que superaron a Joaquín e Borja Rasilla e a Alberto Rielo e a Diogo Rodríguez.
Por último no Criterium Recalvi, victoria final para Adrián Vázquez
e Melisa Lorenzo, que tamén se alzaron coa Beca 24 que os levará
a competir cunha beca da FGA na próxima tempada.
A seguinte proba puntuable para o Campionato Galego de Rallyes será
no mes de outubro con motivo do Rallye San Froilán.
“””””