Una nueva victoria de Jacobo Senín en el Campeonato Gallego de Montaña,
en el cual volvió a estar Alexis Vieitez en su trayectoria habitual al
conducir de nuevo su Fórmula, esperemos que para la próxima temporada
ya tengan solucionados los problemas de su nueva montura.
Perfecta la carrera de Jorge Pérez que ha demostrado una vez más
que en carrozados es uno de los pilotos gallegos más rápidos con
su perfecto 911 Gt3, por cierto, interesante duelo con Mano Senra que volvía
al volante de su 306 Maxi.
Nota de prensa que nos pasa la Federación Gallega de Automovilismo.
JACOBO SENÍN SUMA O CUARTO TRIUNFO DA TEMPADA EN PONTE CALDELAS
Jacobo Senín, aos mandos da Nova Proto, foi o vencedor e dominador da
sexta edición da Subida a Ponte Caldelas, quinta proba puntuable para
o Campionato Galego.
Cun clima variable na xornada do sábado e soleado no domingo, o piloto
da Escudería Estradense non deu opción aos seus rivais, confirmando
o seu póquer de triunfos este ano no campionato autonónomico,
cun tempo final de 4:17.079.
No segundo posto da clasificacion xeral, a 13 segundos do primeiro clasificado
e no que foi o retorno ao fórmula Céltic – Dicode clasificouse
Alexis Vieitez, que foi protagonista da anécdota do domingo ao perder
o pontón traseiro na segunda ascensión oficial, sen maiores daños
que a propia fibra do elemento do vehículo.
Completou o podio en Ponte Caldelas o piloto ourensán Abrahán
Vázquez, que non tivo un domingo fácil, xa que sufriu varios percances
que non lle permitiron pelexar con Vieitez polo segundo posto da xeral, quedándose
a 21 segundos de Senín.
Daniel Rodríguez (vencedor no Trofeo CreyCo CM) e Alfonso “Pisko”
Ventín, o máis rápido entre os participantes da clase 9
(carcross), foron cuarto e quinto clasificados, respectivamente.
Entre os carrozados, victoria para Jorge Pérez Alonso, que no seu habitual
Porsche 991 GT3 Cup marcou a pauta para ascender ao más alto da clasificación
(8º da clasificación xeral). A continuación, Manuel Senra
no Peugeot 306 Maxi e Pablo Rey, nunha participación esporádica
no Campionato Galego de Montaña no Suzuki Swift N5.
Entre os participantes na categoría de regularidade, primeiro posto
para o equipo composto por Diego Vidal e Gladis Iglesias, con 58488 puntos.
Sito Cabral e José Manuel Quintas foron segundos e Cristian Castro e
Mario Martínez, terceiros.
A seguinte proba puntuable para o Campionato Galego de Montaña será
en Vilar de Bario os días 23 e 24 de setembro.