INFORMACIÓN
ANUNCIANTES
PROVINCIA:
NOTICIAS · COMPETICION
SENÍN GANA EN TABOADELA.

A continuación os dejamos un breve resumen de la Subida a Toboadela que nos enía la FGA, una carrera realmente expectacular con algún incidente que otro, una pena el abandono de Alexis Vieitez nada más enpezar los entrenamientos del sábodo por un fallo mecánico en su coche, también es cierto que le lleva dando problemillas desde el principio. Jorge përez intratable, bajado el record de las Subida desde el primer momento, simplemente INTRATABLE.

La primera vez que se transmite toda la subida por Streaming y realmente un magnifivco trabajo tanto de Overall Media como de BarracudaRacing.

Resumen de la Subida a Toobadela que nos envía la Federación Gallega de Automovilismo.

 

 

Jacobo Senín foi o vencedor da Subida a Taboadela, cuarta proba puntuable para o Campionato Galego de Montaña, celebrada durante esta fin de semana na localidade ourensá.

O tempo cambiante xogou na contra do medio cento de participantes que se deron cita na cuarta edición da carreira, que tivo unha boa afluencia de espectadores malia choiva intermitente.

Nesa superficie, Senín, aos mandos da espectacular Nova, foi o máis rápido sumando desta forma o seu terceiro triunfo en outras tantas participacións esta tempada, o que lle convirte no máximo favorito a revalidar o título autonómico.

Despois de Senín e a súa Nova situáronse dous equipos ourensáns. Jorge Fernández Vilarchao e Pablo Rey foron segundo e terceiro clasificados a 22.250 e 22.589 segundos, respectivamente, o que demostra a fermosa batalla que viviron durante toda a fin de semana.

O cuarto posto da táboa foi para outro ourensán, Abrahán Vázquez, aos mandos do Dicode.

Quinto clasificado da xeral e primeiro entre os carrozados foi Jorge Pérez Alonso, que aos mandos do Porsche 991 GT3 Cup foi quen de marcar o mellor crono absoluto na segunda manga oficial do sábado. Completaron o podio desta modalidade, Miguel Ángel Alonso e Manuel Senra, cun Mitsubishi Lancer Evo IX e un Peugeot 308 TCR, separados estes dous por apenas sete décimas de segundo en toda a fin de semana.

En regularidade, primeiro posto para Alfonso Cabral e José Quintas, no Seat Marbella.

A próxima proba do Campionato Galego será os días 9 e 10 de setembro con motivo da 6ª Subida a Ponte Caldelas.

MOTORGALLEGO.COM ·Mail: info@motorgallego.com·