Nota de prensa que nos pasa la Federación Gallega de Automovilismo del
Rally de Ferrol 2023.
"O RALLYE DE FERROL RETORNA AO CAMPIONATO GALEGO CON 86 EQUIPOS NA LISTA
DE INSCRITOS
O Campionato Galego de Rallyes non se detén. Esta fin de semana, en
concreto os días 19 e 20 de agosto, o Rallye de Ferrol retorna ao Campionato
Galego de Rallyes cunha lista de 86 equipos, incluida a presenza do Clio Trophy
Galicia e o Criterium Galicia Recalvi.
Dúas xornadas de competición sobre unhas especiais ben coñecidas
polos afeccionados galegos, que poderán asistir ao retorno de Víctor
Senra e David Vázquez ao Skoda Fabia Rally2, logo de participar na primeira
metade do certame co imponente Citroën C3 WRC.
Para plantarlle cara aos favoritos e vixentes campións galegos, visita
de Joan Vinyes e Jordi Mercader co Hyundai I20 Rally2 e presenza doutros equipos
como os formados por Pablo Rey e Luis Hernández ou Roberto Blach e Mauro
Barreiro, que competirán na cita ferrolana a modo de test dentro do seu
programa no JWRC.
Ademáis, a proba ferrolana tamén será puntuable para o
Clio Trophy Galicia que lideran Diego Félix e Raquel Rodríguez
e o Criterium Galicia Recalvi, no que marchan en cabeza Adrián Vázquez
e Melisa Lorenzo.
A actividade comezará este sábado pola mañá co
shakedown da proba, a partir das 11:00 horas.
Os catro primeiros treitos cronometrados comezarán pola tarde, dende
as 17:00 horas. O domingo, coas cámaras da TVG2 retransmitindo dúas
especiais en directo, ás 10:30 e as 14:00 horas.
A entrega de premios será na Avenida de Esteiro ás 15:30 horas."