MEDIO CENTO DE PARTICIPANTES NO SLALOM DE SARRIA, QUINTA PROBA PUNTUABLE PARA
O CERTAME AUTONÓMICO
O Campionato Galego de Slalom retoma a actividade na provincia de Lugo este
sábado 12 de agosto. O Slalom de Sarria, quinta data puntuable para o
certame, levará aos mellores especialistas autonómicos as rúas
desta emblemática localidade.
En total serán medio cento de participantes os que tomarán a
saída nesta proba, que afronta a súa séptima edición
coa presenza dos principais candidatos aos títulos autonómicos.
Manuel Trevín e Iván Picallo, ambos con dúas victorias
esta tempada son os principais favoritos a facerse co primeiro posto na proba
sarriana, ainda que non deberán perder de vista ao resto de pilotos que
a bo seguro tentarán facer un bo papel como xa se viu en citas anteriores.
Aitor Coto, Fabio García, Daniel Mellado ou Pablo Castro contan tamén
con opcións de subir ao podio da proba, nunha competición que
terá tamén varias copas.
A competición comezará as 12:00 horas do mediodía coa
primeira das mangas de adestramento. As 16:30 horas será o turno da segunda
ronda de adestramento para a continuación celebrar as dúas mangas
oficiais da competición.
A entrega de premios está plantexada para as 21:15 horas no Campo da
Feira de Sarria, mesmo lugar onde se desenrolará o slalom e as verificacións.