Toño Toitiño elegido por una abrumadora mayoría nuevo
presidente de la Federación Gallega de Automovilismo. Estaba claro que
ya era hora de un cambio. Ahora le queda un arduo y duro trabajo que realizar.
NOTA DE PRENSA QUE NOS PASAN DESDE RENOVAFGA.
Antonio Rodríguez Troitiño, candidato á presidencia da
Federación Galega de Automobilismo con Xeración Renova FGA, foi
elixido por unha ampla maioría despois da votación da asemblea
realizada na mañá do domingo 22 de xaneiro en Ourense, unha votación
na que non estivo o ata hoxe presidente, Iván Corral.
Troitiño obtivo 55 dos 57 votos dos asembleístas na votación
da presidencia, con soamente un voto para a outra candidatura, a de Carlos Álvarez
Sindín e un voto en branco. Nesta votación houbo sete asembleístas
ausentes.
Ademais, na votación da comisión delegada houbo pleno para os
candidatos de Xeración Renova FGA, o acadar todos os postos na mesma.
Despois da votación o novo presidente da Federación Galega de
Automobilismo, Antonio Rodríguez Troitiño destacou que “ó
final a votación demostrou que a xente quería un cambio na FGA.
O apoio foi maioritario e para nós é unha grande satisfacción
ter todo este apoio”.
Agora, a mirada posta no día 8 de febreiro. “Pola nosa banda imos
tentar falar coa Xunta Electoral para poder adiantar os prazos ao máximo
posible e comezar a traballar canto antes no noso proxecto para a Federación
Galega de Automobilismo. Todo depende da Xunta Electoral e da Xunta de Galicia
para poder comezar canto antes, pero confiamos en que poderemos gañar
algúns días”.
E unha mensaxe clara: “Nós imos a traballar cada día por
e para o automobilismo galego e imos tentar non defraudar a ninguén.
O primeiro paso que imos dar e reunirnos coa Real Federación Española
de Automovilismo para falar do asunto das licencias. De feito, esta semana próxima
agardamos poder reunirnos co presidente, Manuel Aviñó, para resolver
este tema”.