De todos es sabido que esta mañana Renova FGA a publicado la posible
inhabilitación de Antonio Rodriguez Troitiño, candidato a la presidencia
de la FGA, por el "señor "(Por decir algo) Hermesindo Corral,
actual presidente. Solo un comentario, tanto miedo tiene Corral a perder las
elecciones que tiene que inhabilitar a sus rivales? o acaso es que tiene mucho
que esconder y no le interesa que nadie se entere?. Me quedo con la segunda
opción, ya que tras más de 35 años presidiendo la FGA algo
tendrá que haber, digo yo. Pero esto es mi opinión personal.
Os dejo la nota de prensa que me han pasado desde REVOVA FGA.
Nota de prensa.
RenovaFGA acusa a Iván Corral de “forzar” a inhabilitación
de Troitiño para evitar que se presente ás eleccións da
FGA e perpetuar a súa “ditadura” o Cuestiona que o Tribunal
Galego de Apelación, “un órgano interno da FGA, supostamente
independente pero nomeado, vinculado e teledirixido por Corral”, propoña
inhabilitar ao futuro candidato á presidencia entre un ano e tres anos
e seis meses por “exercer o dereito de liberdade de expresión”
o RenovaFGA respalda as afirmacións de Troitiño nas que aseguraba
que Iván Corral “ameazou a escuderías e pilotos” e
que “a federación convocou e celebrou asembleas de forma totalmente
irregular” o “O tempo do medo a Iván Corral xa pasou. Imos
defender os nosos dereitos e a liberdade de expresión ata as últimas
consecuencias, caia quen caia. A xente que actúa ao seu ditado, executando
as súas tropelías, é tan responsable coma el”, aseguran.
O grupo de traballo RenovaFGA, que traballa desde hai un ano na configuración
dunha candidatura alternativa á actual presidencia da Federación
Galega de Automobilismo (FGA), acusa ao presidente, Iván Corral, de “rebuscar
e utilizar artimañas supostamente legais” para “forzar a
inhabilitación” de Antonio Rodríguez Troitiño coa
finalidade de impedir que poida presentarse ás eleccións que deben
celebrarse este ano. “Iván Corral está a mover dunha forma
torticeira todos os fíos que están ao seu alcance para perpetuar
a súa ditadura na FGA”, aseguran. Desde RenovaFGA critican “a
actitude e os métodos antidemocráticos” de Iván Corral,
tras recibir Rodríguez Troitiño o pasado venres unha resolución
do Tribunal Galego de Apelación da FGA pola que o inhabilitan para ocupar
cargos públicos en organizacións deportivas por unhas declaracións
realizadas no programa Rallye Streaming o día 7 de maio de 2021. Dita
resolución impútalle ao ex presidente da Escudería Lalín-Deza
unha “falta moi grave” por “atentar contra a dignidade e o
decoro deportivo”, pola que propón sancionalo cunha inhabilitación
de tres anos e seis meses; e unha “falta grave”, “pola violación
de segredos en asuntos que se coñezan por razón da pertenza a
calquera dos órganos da FGA”, pola que propón sancionalo
cunha inhabilitación dun ano.
Desde RenovaFGA adiantan que Rodríguez Trotiño alegará
contra esta resolución e recurirá ao Comité Galego de Xustiza
Deportiva e respaldan “ao cento por cento” as súas afirmacións
realizadas no citado programa, nas que aseguraba que Iván Corral “ameazou
a escuderías e pilotos” e que “a federación celebrou
asembleas de forma totalmente irregular, con convocatorias por correo electrónico
sen adxuntar a documentación correspondente aos puntos a votar e sen
compartir posteriormente as actas e os resultados das votacións”.
Precisamente, nunha desas “asembleas irregulares” foi nomeado o
Tribunal Galego de Apelación da FGA que agora resolve a inhabilitación
de Troitiño, “un órgano interno supostamente independente,
pero nomeado, vinculado e teledixirido por Corral”. “A xogada está
clara e consiste en pretender amordazar, calar e amedrentar a calquera que se
atreva a cuestionar a Iván Corral abertamente. Para iso, a súa
dona e ex presidenta, Gloria de Burgos, presenta unha denuncia contra Troitiño
polas declaracións realizadas en Rallye Streaming e logo, para urdir
a inhabilitación, válese do nada rigoroso Tribunal Galego de Apelación,
no que figuran como vogais un membro da xunta directiva da FGA, Carlos Álvarez
Sindín; o xenro do propio Iván Corral, José Luis Moa Gutiérrez;
e a instructora do expediente, Marta Gálvez Marquina, que curiosamente
traballa como letrada no despacho Atrio Abogados, que é o que asesora
legalmente á FGA”.
“Así cociña Iván Corral cos recursos da federación
unha inhabilitación para impedir que Antonio Rodríguez Troitiño
poida presentarse ás eleccións”, enfatizan desde Renova
FGA. Secretaría Xeral para o Deporte Tamén lembran que no seu
día presentaron unha denuncia na Secretaría Xeral para o Deporte
para invalidar a celebración irregular de dúas asembleas, nunha
das cales foi designado este Tribunal Galego de Apelación da FGA. “En
RenovaFGA agardamos que a Secretaría Xeral para o Deporte vele pola legalidade
e actúe en consecuencia, co que os acordos deste Tribunal de Apelación
manipulado por Corral carecerían de validez”, apuntan. “O
tempo do medo a Iván Corral xa pasou.
Ao mellor funcionáballe hai 20 anos, pero os tempos cambiaron. Esto mesmo
que lle está a facer a Troitiño tamén o pretende facer
con Moncho Padín, a quen expedientou igualmente por expresarse en liberdade,
pero desde RenovaFGA imos defender os seus dereitos e a liberdade de expresión
ata as últimas consecuencias, caia quen caia. E a xente que actúa
ao ditado de Iván Corral, executando as súas tropelías,
é tan responsable coma él ”, enfatizan.