Adjuntamos nota de prensa de RENOVAFGA.
Nota de prensa.
Troitiño denuncia que “Iván Corral está a cociñar
coas licenzas un pucheirazo nas eleccións da FGA” o Asegura que
“o presidente inhabilitado segue a manexar os fíos da federación
con total impunidade e pretende limitar o dereito ao voto en 2022 unicamente
aos posuidores da nova Licenza Autonómica de Galicia-Exclusiva”
o Antonio Rodríguez Troitiño solicita a intervención da
Secretaría Xeral para o Deporte “para aclarar desde xa” que
a Licenza Autonómica Única-Estatal tamén será válida
para votar nos comicios do vindeiro ano o Advirte de que RenovaFGA “pelexará
ata onde faga falla” para acabar coas “presións, as ameazas
e a discriminación” ás que a dirección da FGA está
a someter a diferentes escuderías e pilotos “polo simple feito
de discrepar”
O voceiro do grupo RenovaFGA, presidente da Escudería Lalín-Deza
e futuro candidato á presidencia da Federación Galega de Automobilismo
(FGA), Antonio Rodríguez Troitiño, denuncia publicamente que “o
presidente inhabilitado da FGA, Iván Corral, está a cociñar
coas licenzas para participar nas probas autonómicas de Galicia un auténtico
pucheirazo nas eleccións que a FGA celebrará en 2022”.
Rodríguez Troitiño considera “inaudito” que nos Regulamentos
Particulares de diferentes probas que figuran no calendario do Campionato de
Galicia de Rallyes 2021 a FGA explicite que “a licenza que dá dereito
a voto e ser elixible nos procesos electorais da Federación Galega de
Automobilismo é a Licenza Autonómica de GaliciaExclusiva”
e engada que “a Licenza Autonómica Única-Estatal non dá
ningún dereito a voto nin outorga a condición de elixible nos
procesos electorais da Federación Galega de Automobilismo”.
O presidente da Escudería Lalín-Deza lembra que tanto no Decreto
16/2018, do 15 de febreiro, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza, que establecía os criterios
para a elaboración dos regulamentos electorais nas federacións
deportivas galegas, como no propio Regulamento Electoral da FGA que rexeu as
eleccións de 2018 sinalábase que para ser electores e elixibles
á Asemblea Xeral era preciso “ter licenza federativa en vigor na
data de convocatoria das eleccións e tela tido desde o primeiro semestre
do ano anterior ao de celebración das eleccións”.
Para Rodríguez Troitiño, este “repentino cambio de criterio”
da FGA responde a “unha nova operación de Iván Corral para
tratar de privar do dereito ao voto a pilotos e escuderías que non comungan
coas súas rodas de muíño”. “O grave desta manobra
electoral é que estaríase a obrigar a moitos pilotos e a algunhas
escuderías que queiran exercer o seu dereito ao voto a incorrer nun gasto
adicional en licenzas, mentres Iván Corral segue a comprar vontades ofrecendo
licenzas gratis a outros pilotos e escuderías afíns”, critica
o voceiro de RenovaFGA. “Os pilotos que precisen a licenza Estatal estarían
obrigados a tramitar tamén a de Galicia-Exclusiva; neste caso poderían
pedir esta primeiro e estendela a ESTATAL asumindo o sobrecusto dos gastos de
tramitación e envío. Pero se nalgunha escudería hai pilotos
que participen no Campionato de Galicia de Rallyes e en probas nacionais, non
existe a posibilidade de extensión da licenza e, polo tanto, estarían
obrigados a pagar integramente as dúas”, explica Troitiño.
Intervención da Secretaría Xeral para o Deporte Ante esta situación,
Rodríguez Troitiño solicita a intervención da Secretaría
Xeral para o Deporte para “aclarar desde xa” que a Licenza Autonómica
Única-Estatal tamén será válida para votar nos comicios
da FGA de 2022. “Temos constancia de que o presidente inhabilitado Iván
Corral segue a asistir e intervir en reunións en representación
da FGA, incluso en reunións coa participación dalgún alcalde,
e cremos que a Secretaría Xeral para o Deporte non pode permanecer á
marxe dun incumprimento tan flagrante da súa inhabilitación”,
salienta. “Desde RenovaFGA imos pelexar ata onde faga falla para acabar
coas presións, as ameazas e a discriminación ás que a actual
dirección da FGA está a someter a diferentes escuderías
e pilotos polo simple feito de discrepar”, avisa Antonio Rodríguez
Troitiño.