Comunicado que nos pasa la Escudería SURCO, que esperábamos
que no se llegase a cumplir, donde nos comunica la cancelación del Rally
Sur do Condado 2020. Una autentica pena, ya que es una prueba emblemática del
campeonato gallego de rallies. FUERZA PARA EL 2021 Y MUCHO ANIMO.
""
Ante a situación e evolución que estamos a sufrir (COVID-19) tanto
en Galicia como no resto do mundo, e dado as circunstancias actuais e futuras
do Estado de Alarma, a Escudería Surco ven de valorar, xunto cas autoridades
políticas, deportivas e empresariais da comarca a CANCELACION DO XVII
RALLYE SUR DO CONDADO 2020.
Para esta Escudería non foi sinxelo tomar esta decisión, pero
todos debemos ser conscientes de que a día de hoxe no están clarificadas
as directrices que se tomarán en eventos con aglomeración de público,
e máis cando a nosa proba deberá celebrarse en menos de mes e
medio.
Ase mesmo, esta Escudería non pode dispor a día de hoxe de todo-los
medios humanos, económicos e loxísticos que son precisos para
a realización da proba debido as restricións que están
instauradas.
Por outro lado, ca nosa cancelación, colaboramos para que ó resto
das probas que sí se celebren, podan dispor de máis datas dentro
dun calendario repleto de probas.
Pedimos desculpas a todos os aficionados, equipos, colaboradores, organismos
oficiais e persoal implicado que coma cada ano estaban dando o seu apoio a esta
Escudería.
Só nos queda dar as gracias a todos as partes implicadas na realización
de esta proba, esperando que podamos contar ca súa colaboración
para que o Rallye Sur do Condado 2021 sexa unha das mellores edicións
e poder brindarlle a todos a proba que se merecen.
¡¡ Agardamos por Vos en Xullo do 2021!!
""
O Comité Organizador