REGULAMENTO.
O vindeiro 15 de agosto de 2018 en Cuntis, con motivo da celebración 
  das festas patronais, o Concello de Cuntis (en colaboración coa Escudería 
  Cuntis V.T) organiza a II Carreira de Rolos de Herba Seca polo centro da vila. 
  Nesta proba lúdico-deportiva, únicamente poderán participar 
  PERSOAS MAIORES DE 18 ANOS.
Haberá 3 premios en metálico:
  1º Equipo Clasificado 500€.
  2º Equipo Clasificado 300€.
  3º Equipo vClasificado 100€.
INSCRIPCIÓN:
  1. A INSCRIPCIÓN GRATUÍTA LIMITADA A 24 EQUIPOS.
2. Para inscribirse será necesario enviar unha mensaxe de Whatsapp ó 
  número de tlf 685 58 19 62 antes do día 14 de agosto ás 
  20:00. (Sergio). Os equipos serán inscritos por riguroso orde de entrada.
3. A inscripción incluirá NOME DO EQUIPO, nome e idade dos compoñentes 
  (obrigatorio presentar DNI o día da proba).
NORMAS:
1. A competición comezará PUNTUALMENTE ÁS 17:30H do día 
  15 de agosto, aínda que os equipos deberán presentarse a partir 
  das 16:30 e con límite de
  17:15. A partir de esa hora, o equipo que non se presente quedará descualificado 
  e procederase a inscribir o seguinte equipo (por orde de entrada) na lista de 
  suplentes (ocupando o posto dos descalificados por incomparecencia).
2. Os ROLOS SÓLO PODEN SER EMPUXADOS COA MAN OU CO CORPO
  (A utilización de obxetos como paus, mangos, forcadas ou calquer outro 
  elemento, acarrea a EXPULSIÓN INMEDIATA DA PROBA).
3. Os equipos que serán OBRIGATORIAMENTE MIXTOS (en calquera destas 
  dúas proporcións: 2 mulleres – 1 home, ou 2 homes - 1 muller), 
  e estarán compostos por 3 persoas maiores de 18 anos. Durante o percorrido, 
  o rolo solo poderá ser empuxado por dúas persoas. O equipo pode 
  facer as rotacións que estime necesarias durante todo o percorrido, pero 
  sempre con dúas persoas empuxando. ÚNICAMENTE PODERÁN EMPUXAR 
  Á VEZ OS 3 MEMBROS DO EQUIPO, NO MOMENTO QUE SE ENFRONTEN ÓS
  PERPIAÑOS (pedra de granito de forma rectangular).
4. Todos os membros do equipo deberán vestir botas goma (katiuskas), 
  pantalón corto e sombreiro de palla. Acudir á proba sen esta vestimenta
  será motivo de expulsión. O equipo que non cruce a liña 
  de meta correctamente vestido, poderá ser descualificado.
5. Cada equipo irá acompañado en todo momento por un comisario 
  deportivo, que terá potestade para descualificar ó equipo se non 
  este non cumpre as
  normas (bandeira vermella). Así mesmo, o comisario levará un calzo 
  para frear o rolo en caso de necesidade.
6. Se durante o percorrido se desfai o Rolo, ese equipo terá que volver 
  ó principio donde atopará un Rolo novo listo para competir.
7. A organización reservase o dereito de descalificar a calquer equipo 
  que maltrate o rolo ou que teña comportamentos pouco deportivos cos resto 
  de participantes.
8. O percorrido estará completamente delimitado e valado de principio 
  a fin. Os componentes do equipo non poderán ser axudados por persoas 
  alleas ó mesmo.
MECÁNICA DA PROBA:
1. Un membro de cada equipo, sairá correndo desde o principio da ponte 
  do río Gallo (sorteando obstáculos) ata a esquina do Balneario, 
  donde o esperarán os outros dous membros do equipo xa preparados co rolo. 
  Solo poderán empuxar o rolo, cando o corredor lles dea unha palmada na 
  espalda. O rolo de herba, deberá subir pola rúa da Igrexa, rodear 
  a Biblioteca municipal e finalmente chegar á Praza de Ferrol (Diante 
  do Bar Quico).
2. Haberá 2 mangas clasificatorias con carreiras de dous equipos á 
  vez. Os equipos loitarán entre eles por orde de inscripción. O 
  equipo gañador pasa á seguinte rolda e o perdedor queda descualificado. 
  Eliminanse os equipos ata que solo queden como máximo 6, que pasarán 
  á Gran Final.
3. Na Gran final os equipos deberán realizar o mesmo percorrido pero 
  loitando contra o crono. O equipo que faga o percorrido en menos tempo, GANARÁ 
  A PROBA.
O segundo e terceiro clasificado serán adxudicados seguindo esta mesma 
  norma.
4. A organización disporá de 8 rolos de herba seca perfectamente 
  preparados para resistir durante toda a competición. No hipotético 
  caso de que os rolos non aguanten toda a carreira, a organización poderá 
  cambiar a mecánica da proba e esta limitaráse a facer o percorrido, 
  carrexando entre os 3 membros do equipo, unha alpaca sen que esta toque o chan. 
  Por cada vez que esta toque o chan, aumentaranse 20” no crono final.