|
NOTICIAS ·
NOTICIAS |
PAPA NOELES MOTEROS
Este domingo, 18 de decembro, realizarase a "Volta Moteira de Papa Noel ao
Val Miñor", promovida pola Peña Moteiros Val Miñor cuxo
itinerario do percorrido é o seguinte: Saída o domingo 18 de decembro
ás 16:00 h dende o Parque Infantil da Ramallosa dirección Gondomar,
percorrido polas rúas de Gondomar e seguir a marcha cara a Nigrán
centro, baixada a
Patos, Panxón, Praia América, seguindo cara á Sabarís
e finalizando en Baiona. Posteriormente dirixiranse a Baredo, onde se ofrecerá
un refrixerio para os “papa noel” asistentes á caravana, cortesía
do Centro Cultural de Baredo.
A caravana terá unha duración de 3 horas. A hora de paso por cada
localidade dependerá do tráfico que se encontre ao seu paso por
estas.
|
|
|